18 nov 2009

MAGOSTO 2009

O venres día 13 de Novembro, celebramos na casa da cultura de Leirado a festa do magosto deste ano.
Todo estaba moi bonito e decorado ata o mínimo detalle para facernos pasar un dia divertido de convivencia entre todos.



Para empezar, cada aula colleu un puñado de castañas e foron a levalas ao sitio onde mais tarde as nais e os pais as asarían.





Despois chegaron as actuacións......



Cos xogos pasámolo fenomenal, nos dividiron en grupos de animais e cando tocaba a serea.... deixábamolo todo no seu sitio e cambiábamos ao xogo seguinte.
Mesmo se animaron a facer unha competición coa corda Pais contra profes.



Despois de tanto xogo chegou a hora da comida, chourizos, pan, tortilla, unhas deliciosas rosquillas, rosca..... e por suposto castañas. Despois de encher o estómago era tempo de ensuciar a cara... ninguén se librou, maiores e pequenos quedamos tinguidos de negro, é a tradición.

1 comentario:

  1. Menuda festa para celebrar o magosto!! Ben seguro que todas as nenas, nenos, mamás, papás, profas e profes o pasoron moi ben.
    Unha aperta dende Cangas, especialmente para Luz.

    ResponderEliminar

¿DESEXAS ESCRIBIR UN COMENTARIO SOBRE ESTA ENTRADA? Adiante, escribe o que queiras a continuación pero....por favor, IDENTIFÍCATE. Grazas.