14 nov 2009

NO SAMAÍN A BRUXA PATUXA VISITA AS AULAS

Coa visita da Bruxa Patuxa, a ilusión e a imaxinación converteron este día protaginizado polo medo, nun día divertido e cheo de emocións.

¡Grazas por visitarnos Patuxa, nunca te esqueceremos!











"ollos de gato
dentes de rato
a bruxa piruxa
se chama......Patuxa"

Con este conxuro a bruxa Patuxa fai a aparición na aula.... as reaccións foron variopintas (para algúns o impacto foi tremendo)




Tras aparecer Patuxa na aula, pregunta os nomes aos presentes e pide axuda para buscar o seu zapato, perdeuno mentres ia voando na sua vasoira e agora está descalza.



"A bruxa Patuxa, perdeu o zapato
con suela de goma, con cintas e lazos.
¡Qué triste está Patuxa, sen o seu zapato!
¡Qué triste está Patuxa, co seu pé descalzo!"

Tras cantar esta canción tódolos nenos e nenas saen ao patio a axudar a bruxa a atopar o seu zapato perdido.


Ao final atopan o zapato e Patuxa está tan leda que lles regala os caramelos que trae dentro da súa bolsa. A bruxa se despide e tódolos nenos e nenas piden un desexo.... " que Patuxa volva a visitalos no próximo ano"



Este video foi grabado na aula de Pesqueiras, pero a bruxa Patuxa visitou a tódolos nenos e nenas do CRA A Lagoa como podedes ver nas fotos que veñen a continuación.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

¿DESEXAS ESCRIBIR UN COMENTARIO SOBRE ESTA ENTRADA? Adiante, escribe o que queiras a continuación pero....por favor, IDENTIFÍCATE. Grazas.