23 feb 2010

AULA DE FORNELOS



Ola , somos os nen@s da escola de Fornelos.En total como podedes ver na foto somos 20 nen@s ; 6 de 3 anos : Zaida, Lucía, Xoel, Nerea Pacheco, Sergio, e Idaira; 6 de 4 anos : Laura, Marta, Sara, Nerea Brandao, Nerea Casales e Paula e 8 de 5 anos : Roi, Kevin, Diego, Carla, Adrián, Raquel , Miguel Ángel e Nerea Martínez.





A nosa profe chámase Begoña, aínda que pola nosa escola ven moitos profes: o profe Moisés (E.Física), a profe Cruz(apoio) , a profe Elena (Apoio), a profe Luz (A.Linguaxe), a profe Silvia (Relixión), o profe J.Carlos(Música) e a profe Uxía( Inglés).


A nosa escola é moi grande, ten 1 aula moi grande, outra para facer Educación Física, 2 baños, 1 almacen e 1 despacho.
Dentro da nosa escola aprendemos moitas cousas, pero tamén nos divertimos nos recantos: da casiña, dos puzzles, das construccións, mirando contos, xogando no ordenador e na pizarra, facendo un montón de cousas coa plastilina, ...


O patio da nosa escola tamén é grande, nel hai 3 carballos grandes, 1 areeiro, un lugar cuberto onde temos os xoguetes e a nosa "casiña", temos columpios, 1 balancín e 2 cabaliños.Pasámolo xenial xogando nel o fútbol, na casiña, nos columpios, á pita, ás agachadas, facendo obras no areeiro...




















No hay comentarios:

Publicar un comentario

¿DESEXAS ESCRIBIR UN COMENTARIO SOBRE ESTA ENTRADA? Adiante, escribe o que queiras a continuación pero....por favor, IDENTIFÍCATE. Grazas.