16 feb 2010

ENTROIDO 2010


O Pasado venres 12 de Febreiro celebramos a festa do entroido. Este ano íamos de "Festa de aniversario" así que tódolos nenos, nenas , profes, pais e nais que se animaron a vir levábamos un traxe de pasteleiros e unha gran tarta de aniversario.

Tivemos moita sorte co tempo, porque ainda que facía frío non chovia e puidemos desfrutar do desfile que tiñamos planeado dende a estación de tren, ata o parque da Canuda.

Non estábamos sos, tamén desfilaban os alumnos do CEIP Infante Felipe de Borbón (coa comparsa "Camiño de santiago"), o CEIP de Leirado (coa comparsa "Alicia no pais das marabillas") e o CEP Carlos Casares (coa comparsa "Isto é unha paiasada")




Ao chegar ao parque, actuamos para tódolos presentes e tamén vimos as actuacións dos demais colexios. Tamén nos deron chocolate quente para merendar e as nosas profes repartiron galletas e biscoitos para mollar nel.

Para rematar vimos una actuacion dun contacontos estupendo que nos contou o conto do "traxe novo do rei".

Grazas a todos e todas os que colaboraron e se animaron a participar nesta gran festa. Deíxovos co video e as fotos para que lembredes este gran día.



1 comentario:

  1. Que juapos todos! E que solazo facia, aqui non sae o sol dende hai moitos dias!!! Para que despois digan de Galicia!!
    Bicossssssssssss

    ResponderEliminar

¿DESEXAS ESCRIBIR UN COMENTARIO SOBRE ESTA ENTRADA? Adiante, escribe o que queiras a continuación pero....por favor, IDENTIFÍCATE. Grazas.