8 abr 2010

UN AMIGO MOI ESPECIAL


O martes 23 de marzo aconteceu algo na escola de Fornelos.Nós acabaramos de entrar na escola e todo era normal. De pronto soa o timbre , sae a profe e despois dinos que temos que ir ver algo ó patio.Todos deixamos o que estábamos facendo e saímos.Alí no alto dun dos carballos da escola estaba un fermoso moucho.Encántounos velo e el estaba tan tranquilo alí sen moverselle nin unha pluma.Era de cor gris claro e mesmo parecía un gato, pero non era.

Nós pensamos que é a moucha repoucha do conto da mosca chosca, quen sabe...

O caso é que continuou alí varios días , a ver se volve e o adoptamos como mascota.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

¿DESEXAS ESCRIBIR UN COMENTARIO SOBRE ESTA ENTRADA? Adiante, escribe o que queiras a continuación pero....por favor, IDENTIFÍCATE. Grazas.