18 jun 2010

EDUCACIÓN FÍSICA

Ola a todos. Mais vale tarde que nunca pero desde a área de Ed. Física gustaríanos achegar o noso granito de area a este marabilloso blog. Así que, con estes vídeos mostrámosvos algúns momentos das clases de educación física e a relación dos nenos co material que se lle presenta. A idea non é preparar a deportistas de elite, pero si que os nenos gocen do xogo a través de propostas divertidas e educativas. Quero resaltar tamén a resposta dos nenos que durante todo o curso foi excelente.
Gustaríame desexarlle aos que se marchan moita sorte e a todos unhas felices vacacións. Vémonos en setembro.
Aquí está o vídeo dos alumnos de Fornelos e A Vesada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

¿DESEXAS ESCRIBIR UN COMENTARIO SOBRE ESTA ENTRADA? Adiante, escribe o que queiras a continuación pero....por favor, IDENTIFÍCATE. Grazas.