22 jun 2010

XUNTANZA DE FIN DE CURSO

O pasado luns dia 21 de xuño celebramos en Lira unha xornada de convivencia para despedir o curso.

Disfrutamos de un gran dia de sol que empezou coas actucións dos nenos e nenas.

Cada aula tiña un baile preparado para facernos pasar un bo rato.





Ao remate tocou facer una gran roda, e todos, pais, nais, nenos, profes e demais familiares, bailamos en círculo a canción "nesta festa". (ver video na barra lateral dereita do blog)


Para repoñer forzas nada mellor que pan con chocolate, que tomamos a media mañá, xunto antes de que comezase a festa dos piratas coa animación do grupo x Quatro.




Para finalizar coas actividades propostas para antes de comer, tivemos un rato creativo cos talleres pirata que estaban repartidos por todo o recinto.

Despois do xantar, un rato de sesta, un pouco de música, outro tanto de baile e comezamos a
organizar os xogos da tarde.

Carreiras de parellas con pelotas, competicións a pata coxa e saltando como canguros nos fixeron rir a grandes e pequenos.

Tamén tivemos o momento mais esperado polos profes dende o día do magosto, y é que non esquecimos a nosa derrota co xogo da corda e queríamos a revancha.





Para culminar co día fixemos a cerimonia de graduación dos alumnos e alumnas que remataron este curso a etapa de educación infantil.Foi un momento entrañable con intercambio de agasallos para as mestras, fotos e algunha que outra lagrimiña de emoción.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

¿DESEXAS ESCRIBIR UN COMENTARIO SOBRE ESTA ENTRADA? Adiante, escribe o que queiras a continuación pero....por favor, IDENTIFÍCATE. Grazas.