22 sept 2010

OUFF ESCOLAS


¡¡ESTAMOS PRESELECCONADOS!!

O Próximo Martes 5 de outubro será a entrega de premios do II certame "OUFF escola" que se celebrará no auditorio da na cidade de Ourense as 11 da maná.

Este é un certame que se atopa dentro da XV edición do Festival de Cine Internacional de Ourense, co obxectivo de impulsar o uso do idioma Galego entre a mocidade.

A nosa escola participou nel co traballo de convivencia "O Rap das Normas da Escola" (pincha AQUI se queres recordalo). E estamos preseleccinados, isto non quere dicir que volvamos con algún premio para casa pero se nos chamou para asistir a este evento.

Iremos un grupo seleccioado de entre o profesorado e estaría moi ben contar cunha representación de alumnos da escola que puideran ser acompañados dos seus pais ou nais.

Os que esteades interesados en asistir poñédevos en contacto coas titoras das aulas dos vosos fillos/as para concretar a viaxe.

Se queredes mais información sobre este certame pinchade no seguinte enlace:





No hay comentarios:

Publicar un comentario

¿DESEXAS ESCRIBIR UN COMENTARIO SOBRE ESTA ENTRADA? Adiante, escribe o que queiras a continuación pero....por favor, IDENTIFÍCATE. Grazas.