20 oct 2010

ACTUACIÓN NA CASA DA CULTURA



Hoxe pola maña tódalas aulas saímos de excursión a casa da cultura de Salvaterra a ver unha actuación de teatro e música. O grupo que actuaba se chamaba "animar-T" e representaban "a historia de Martín".



Martín era un neno moi vago, a o cal non lle gustaba estudar, a súa mestra sempre o estaba a rifar e os seus compañeiros burlábanse del. Non sabía como solucionar o problema ata que un día atopou un lápis máxico que lle facía mais sinxelas as tarefas. Ao final o lápis axuda a Martín a aprender as cousas por si mesmo, e como xa non o precisa, regala o lápis a políticos e dirixentes de importantes paises.

Pasámolo realmente ben, os actores eran moi animados e cantaban moi ben. A actuación rematou cun baile colectivo de todos e todas enriba do esceario.


Tamén puidemos sacarnos fotos cos protagonistas da actuación e probarnos a perruca e as gafas que levaba posta unha das persoaxes do teatro.










Bueno, y aqui tedes mais fotos para que lembredes todo o acontecido.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

¿DESEXAS ESCRIBIR UN COMENTARIO SOBRE ESTA ENTRADA? Adiante, escribe o que queiras a continuación pero....por favor, IDENTIFÍCATE. Grazas.