5 nov 2010

SAMAÍN 2010



Como xa vos anunciábamos días atras a bruxa Patuxa veu a nosa escola polo samaín.

Entre o mércores e o venres da semana pasada foi pasando por tódalas aulas.



Os nenos e nenas estaban
preparados
para a visita disfrazados de cabazas.




Primeiro...... o "conxuro", é importante recitar ben o conxuro se queremos que nos escoite a apareza.



"Ollos de gato
Dentes de rato
A bruxa piruxa
Chámase ..... Patuxa"



Despois.... recibimos a bruxa con ledicia e sonrisas.



A bruxa precisa a axuda de tódolos nenos e nenas para atopar o seu gato e mais un dos seus zapatos, que seica lle caeu dende o aire mentres voaba na súa vasoira.



En grupo e colocados nunha roda, coa bruxa no medio, cantamos a canción do zapato perdido da bruxa Patuxa, e fomos ao lugar onde ela nos indicou que pensaba que lle caera o zapato.


"A bruxa Patuxa
Perdeu o zapato
con suela de goma
con cintas e lazos
¡Qué triste está Patuxa
sen o seu zapato!
¡Qué triste esta Patuxa
co seu pé descalzo!"

Saen apresurados da aula na procura do zapato, buscan e buscan por tódolos rincóns ata que o atopan.



Finalmente, Patuxa marcha discretamente e sen facer moito ruido, pero deixa unha carta de despedida, e uns agasallos para todos os presentes, caramelos e debuxos para colorear.


De tódolos momentos vividos a continuación tedes este video.


(a aula de meder non sae neste video por falta de material, pero como se aprecia nas fotos a bruxa Patuxa tamén visitou esta aula.)

No hay comentarios:

Publicar un comentario

¿DESEXAS ESCRIBIR UN COMENTARIO SOBRE ESTA ENTRADA? Adiante, escribe o que queiras a continuación pero....por favor, IDENTIFÍCATE. Grazas.