30 dic 2010

FESTA DE NADAL 2010

O día 22 de decembro celebramos na casa da cultura de Leirado a tradicional festa de nadal.

Tal e como estaba previsto as 9:30 empezaban a chegar tódolos nenos e os seus familiares.

Todo comezaba coa obra de teatro "Unha vez aconteceu que un neno...." protagonizada polos mestres e mestras do cra.




Trala magnífica interpretación do profesorado, chegou a quenda do alumnado. Duendes, renos, estrelas e moito mais cantaron panxoliñas e cancións de nadal moi divertidas e con moito ritmo.

(se queredes ver os videos das actuacións premede AQUI ou ben clicade na pestaña da barra superior titulada "festa de nadal")

Tamén se animaron, como cada ano, a cantar no esceario, os pais e as nais. Unha boa representación cantou a panxoliña "hacia belén va una burra".



Ao remate das actuacións, era o momento de repoñer forzas cun pouco de rosca e doces varios propios destas datas.





Seguimos con moita ledicia e volvimos aos nosos asentos dispostos a desfrutar con Susa Herrera e Merchi Rozas, dos seus contos e cancións.






Por fin chegou o que todos esperábamos, os que mais atentos estiveron escoitaron algún ruido extrano na porta, eran os camelos dos tres reis magos, que chegaban puntuais a cita para darnos un pequeno agasallo e recoller as nosas cartas.







Un por un, subimos ao escenario e fomos pasando ao seu lado, mentres os nosos papás e mamás facíannos fotos dende abaixo, que emocionante!






A partir de aquí comezou a despedida, bicos e abrazos aos mestres para desexarles felices festas. E.... ata o ano que ven.



¡¡BO NADAL!!





1 comentario:

  1. Foi un gran día para todos. NOn hai mellor forma de rematar ó ano e dar comezo a un novo. FELIZ ANO A TODOS!

    Profe Elena

    ResponderEliminar

¿DESEXAS ESCRIBIR UN COMENTARIO SOBRE ESTA ENTRADA? Adiante, escribe o que queiras a continuación pero....por favor, IDENTIFÍCATE. Grazas.