22 sept 2010

OUFF ESCOLAS


¡¡ESTAMOS PRESELECCONADOS!!

O Próximo Martes 5 de outubro será a entrega de premios do II certame "OUFF escola" que se celebrará no auditorio da na cidade de Ourense as 11 da maná.

Este é un certame que se atopa dentro da XV edición do Festival de Cine Internacional de Ourense, co obxectivo de impulsar o uso do idioma Galego entre a mocidade.

A nosa escola participou nel co traballo de convivencia "O Rap das Normas da Escola" (pincha AQUI se queres recordalo). E estamos preseleccinados, isto non quere dicir que volvamos con algún premio para casa pero se nos chamou para asistir a este evento.

Iremos un grupo seleccioado de entre o profesorado e estaría moi ben contar cunha representación de alumnos da escola que puideran ser acompañados dos seus pais ou nais.

Os que esteades interesados en asistir poñédevos en contacto coas titoras das aulas dos vosos fillos/as para concretar a viaxe.

Se queredes mais información sobre este certame pinchade no seguinte enlace:





PROGRAMA CANCIENCIA

Este ano as aulas do CRA A Lagoa participaremos nunha experiencia pioneira chamada "CanCiencia".

Este é un programa piloto que, a través dun conto con fío conductor, pretende traballar con nenos de ata 7 anos de idade, as conductas e actitudes que axuden a previr os accidentes producidos por ataque de cans.

Ao longo do curso teremos mais información, estade atentos ao enlace de noticas na barra lateral dereita de este blog.

15 sept 2010

BENVIDOS

Aqui estamos un ano mais empezando un novo curso, desde a aula de oleiros queremos saudar a todas as nosas familias e compañeiros das outras aulas do cole.
Deixamosvos aqui algunhas fotos dos primeiros dias e tamen os nosos retratos para que nos coñezades. Moitos bicos para todos.

5 sept 2010

PREPARADOS..... LISTOS......XA!


O PROXIMO VENRES DÍA 10 DE SETEMBRO
EMPEZA UN NOVO CURSO
MOCHILAS, LIBROS E
COMPAÑEIROS NOVOS VOS ESPERAN

¡BENVIDOS RAPACES E RAPAZAS!