27 oct. 2010

VOLVE A BRUXA PATUXA


Xa está moi preto o día de samaín.


A bruxa patuxa volveu a perder o seu zapato, e de novo virá visitando tódalas aulas do CRA A Lagoa, para ver si coa axuda dos nenos e nenas logra atopalo.


Non hai te tremer de medo, a bruxa patuxa é unha bruxa boa que trae doces e caramelos para todo o que queira axudala.

20 oct. 2010

ACTUACIÓN NA CASA DA CULTURA



Hoxe pola maña tódalas aulas saímos de excursión a casa da cultura de Salvaterra a ver unha actuación de teatro e música. O grupo que actuaba se chamaba "animar-T" e representaban "a historia de Martín".



Martín era un neno moi vago, a o cal non lle gustaba estudar, a súa mestra sempre o estaba a rifar e os seus compañeiros burlábanse del. Non sabía como solucionar o problema ata que un día atopou un lápis máxico que lle facía mais sinxelas as tarefas. Ao final o lápis axuda a Martín a aprender as cousas por si mesmo, e como xa non o precisa, regala o lápis a políticos e dirixentes de importantes paises.

Pasámolo realmente ben, os actores eran moi animados e cantaban moi ben. A actuación rematou cun baile colectivo de todos e todas enriba do esceario.


Tamén puidemos sacarnos fotos cos protagonistas da actuación e probarnos a perruca e as gafas que levaba posta unha das persoaxes do teatro.










Bueno, y aqui tedes mais fotos para que lembredes todo o acontecido.



5 oct. 2010

NON HOUBO SORTE


Este martes día 5, tal e como vos anunciamos fai unhas semanas, asistimos unha representación da nosa escola a entrega de premios do II certame "OUFF escola" que se celebrou no auditorio da cidade de Ourense.

Nos estabamos preseleccionados na categoría A (infantil e primaria), moi ilusionados chegamos e fomos sentando no lugar que tiñamos reservado.

Despois dun breve discurso do presentador, comezaron as entregas de premios, non houbo sorte para o cra a Lagoa que marchamos sen ningún premio, o próximo ano volverémolo intentar.

Finalmente, tras a entrega de premios, e a foto de familia de tódolos gañadores, puidemos ver as curtametraxes das escolas galardoadas.

Grazas a tódolos pais e nais que puidestes asistir cos voso fillos e fillas.

3 oct. 2010

CONSELLO ESCOLAR

Recordamos a tódolos membros do consello escolar que o próximo martes día 5 de outubro teremos a primeira reunión deste curso.

2 oct. 2010

Hola de novo a todos. Empezou o novo curso e estamos cargados de enerxia. Queremos ensinarvos como quedou a nosa clase, xa que durante o verán colorete pintouna e comprounos cousas novas, ademais temos compañeiros novos que queremos presentarvos.  Aqui queda un video coas novidades dos primeiros días