30 dic. 2010

FESTA DE NADAL 2010

O día 22 de decembro celebramos na casa da cultura de Leirado a tradicional festa de nadal.

Tal e como estaba previsto as 9:30 empezaban a chegar tódolos nenos e os seus familiares.

Todo comezaba coa obra de teatro "Unha vez aconteceu que un neno...." protagonizada polos mestres e mestras do cra.




Trala magnífica interpretación do profesorado, chegou a quenda do alumnado. Duendes, renos, estrelas e moito mais cantaron panxoliñas e cancións de nadal moi divertidas e con moito ritmo.

(se queredes ver os videos das actuacións premede AQUI ou ben clicade na pestaña da barra superior titulada "festa de nadal")

Tamén se animaron, como cada ano, a cantar no esceario, os pais e as nais. Unha boa representación cantou a panxoliña "hacia belén va una burra".



Ao remate das actuacións, era o momento de repoñer forzas cun pouco de rosca e doces varios propios destas datas.





Seguimos con moita ledicia e volvimos aos nosos asentos dispostos a desfrutar con Susa Herrera e Merchi Rozas, dos seus contos e cancións.






Por fin chegou o que todos esperábamos, os que mais atentos estiveron escoitaron algún ruido extrano na porta, eran os camelos dos tres reis magos, que chegaban puntuais a cita para darnos un pequeno agasallo e recoller as nosas cartas.







Un por un, subimos ao escenario e fomos pasando ao seu lado, mentres os nosos papás e mamás facíannos fotos dende abaixo, que emocionante!






A partir de aquí comezou a despedida, bicos e abrazos aos mestres para desexarles felices festas. E.... ata o ano que ven.



¡¡BO NADAL!!





PARTICIPAMOS NO CONCURSO DE BELENES



Ao igual que no curso pasado, este ano participamos no concurso de belenes que organiza o concello de Salvaterra.





Coa colaboración de tódalas familias elaboramos figuras de pesebre feitas con botes de iogures bebibles.



Cada casa representa cada una das aulas que forman parte do noso CRA, se queredes visitalo estará exposto na casa da cultura de Salvaterra ata o mes de xaneiro.




Esperamos ter sote e que nos otorguen algún premio.




Grazas de novo a todos pola vosa axuda.




Se queredes desfrutar con mais fotos a continuacion tedes unha presentación con mais detalles do noso belén.


17 dic. 2010

BO NADAL A TODOS

AS PROFES E OS NENOS E NENAS DA VESADA DESEXÁMOSVOS
BO NADAL

A continuación podedes ver unhas fotos dos nenos disfrazados:


12 dic. 2010

OS NENOS E NENAS DE OLEIROS FELICITANVOS O NADAL

Estivemos a decorar a aula para celebrar o Nadal, montamos o Belen, cantamos panxoliñas e decoramos a arbore e as ventas; quedounos moi bonita, se queredes estades invitados a vela.





DESEXAMOVOS MOI FELICIES FESTAS A TODOS E QUE O PASEDESTAN BEN COMA NOS DECORANDO AS VOSAS CASAS E AULAS.

10 dic. 2010

A ENSAIAR


Pais de Nais do CRA A Lagoa, esta fin de semana tedes moita faena, estamos preparando o nadal, temos que elaborar o belen, e cada aula ten a súa parte, hay que beber actimel, recortar, pegar, debuxar.....

e por se isto fora pouco .... esnaiar a panxolina para o día da festa de nadal.


(preme na imaxe para escoitar o audio da canción)



Animo e moitas grazas pola vosa colaboración








A CONTINUACIÓN TEDES A LETRA DA CANCIÓN:



1 dic. 2010

BOTÁMOSTE DE MENOS PROFE MÓNICA

OS NENOS E AS PROFES DA VESADA BOTÁMOSTE MOITO DE MENOS. MANDÁMOSCHE ESTA CARTA PARA QUE TE RECUPERES PRONTO. O VÍDEO NON SE VE MOI BEN PERO ESPERAMOS QUE CHE GUSTE. MOITOS BIQUIÑOS.