2 mar 2011

VIDEOCONFERENCIAS ENTRE AULAS ( II )

Co primeiro dia do mes de marzo chegou a segunda edición das videoconferencias entre aulas. Esta vez estaban citadas as aulas de Fornelos e Pesqueiras.


Xa es
taba todo ensaiado, a pasada semana se fixera unha proba, colocación da cámara, instalación do programa, carteis e debuxos de benvida....







Unha vez conectados, clic ao botón verde e.... empezamos a chamar, piiii (un tono), piiiii (dos tonos), piiiii.... na pantalla aparecen todos.




En Fornelos, os profes María e Jorge e tódolos alumnos e alumnas regalaron a Pesqueiras unha canción mentres se presentaban un por un. Tamén aparecía o meco por detras, que xa estaba case completo.


Os de Pesqueiras, mestras (Montse e Maribel), nenos e nenas, disfrazados polo entroido divertiron a Fornelos cantando a canción "todo o mundo nesta festa".

Quedamos con ganas de mais encontros con outras aulas, seguro que o venres, na comparsa do entroido, algún buscará a algún compañeiro para saudalo en persona.



Seguiremos informando.....




No hay comentarios:

Publicar un comentario

¿DESEXAS ESCRIBIR UN COMENTARIO SOBRE ESTA ENTRADA? Adiante, escribe o que queiras a continuación pero....por favor, IDENTIFÍCATE. Grazas.