29 jun 2011

FESTA DE FIN DE CURSO (2º parte do dia)

A tarde comenzou coas graduacións dos nenos e nenas de cinco anos, este dia daste de conta o que medraron estes rapaces dende a primeira vez que entraron polas portas das súas escolas. Esta vez eran as súas mestras e non eles os que choraban, pero de ledicia, naturalmente.



Tamén houbo agasallos e sorpresas para os mestres, sobre todo as mestras e mestres que non estarán con nos para o vindeiro curso. Grazas CARMEN, AUREA, ISABEL, MARTA CARPINTERO, MARIBEL, JORGE, LUCIA E MARTA NOLASCO.

Finalmente chegou o tan ansiado momento da escuma, bañadores e chancletas todos diante dun gran canon que non paraba de botar un gran chorro de escuma branca.



Pasámolo xenial, grandes e cativos desfrutaron do momento que daba paso as despedidas e aos bicos que anunciaban o final da festa.

Gazas a todos de novo pola vosa asistencia e colaboración.

Hata o ano que ven.

1 comentario:

  1. que ben o pasamos, o ano que ven máis e mellor. Adeus e moitos biquiños aos mestres e aos nenos que despedimos nesta festa. sempre formaredes parte desta gran familia.

    ResponderEliminar

¿DESEXAS ESCRIBIR UN COMENTARIO SOBRE ESTA ENTRADA? Adiante, escribe o que queiras a continuación pero....por favor, IDENTIFÍCATE. Grazas.