14 jun 2011

Henri MATISSE en CORZÁNS

Este curso os nen@s de Corzáns estivemos traballando a Henri Matisse que foi un pintor francés que fixo uns cadros estupendos....

Primeiro empezamos coñecendo cómo era Matisse gracias a unhas fotos que sacamos de Internet e tamén cales eran as letras do seu nome e a súa firma... Todo isto reflexámolo nun mural, mirade....... Outro día fixemos o cadro que pintara Matisse titulado "A tristeza do rei" que moito nos deu que falar: que se tocaba a guitarra ou era gaiteiro, que se era Outono porque había follas... Xulgade vos o que vos parece...












Máis adiante traballamos mollando tizas en auga e azucre e fixemos o cadro de Matisse titulado "As flores". Quedounos moi colorido!!!










Tamén aprendimos que se pode pintar aínda que se esté enfermo.... Matisse dende a cama recortando papeles de moitos colores fixo, entre outros, o cadro titulado "O caracol" e así o fixemos os nenos de Corzáns.......















E xa por fin para rematar o noso traballo do gran pintor Henri MATISSE fixemos entre todos o cadro "A noite de Noel"







1 comentario:

¿DESEXAS ESCRIBIR UN COMENTARIO SOBRE ESTA ENTRADA? Adiante, escribe o que queiras a continuación pero....por favor, IDENTIFÍCATE. Grazas.