30 ene. 2011

28 de XANEIRO. CELEBRAMOS A PAZ


Tal e como estaba previsto, o pasado venres día 28 de Xaneiro celebramos na casa da cultura de Salvaterra o día da Paz.




Dispostos a pasalo moi ben e desfrutar de tódalas actividades fomos chegando a casa da cultura.





As mestras e os mestres do cole fóronnos recibindo e entramos no salón de actos.


Entre cancións, películas e obradoiros foise pasando a maña. Unha das pelis que vimos a tedes colgada no blog (Vicentiño e as árbores da paz), clicade AQUI se queredes vela.




Descanso de pan con chocolate e volta aos obradoiros.




Mais tarde prantamos as nosas sementes de paz, igual que no conto de "vicentiño".


E montamos todos xuntos o mural dos nenos e nenas do mundo, cun montón de bos desexos e boas accións.



Pasámolo moi ben, foi un día estupendo, esperamos que de todo o vivido aprendéramos algo.




SE QUEREDES DESFRUTAR CON MAIS FOTOS DESTE DÍA, E MAIS CO VIDEO DO MAGO PACÍN E A SÚA "PÓCIMA DA PAZ" CLICADE NA IMAXE.




23 ene. 2011

PIPO EN FORNELOS


O pasado 12 de Xaneiro, Zaida trouxo a nosa escola a súa mascota, Pipo. Pasamolo moi ben e polo que nos conta a mamá de Zaida el tamén o pasou con nós porque agora na casa penica e non que sair da xaula.
Cando queiras volver xa sabes onde tes uns amigos, Pipo.





AHHHHH!!!!!!!!!!! Esqueciámonos de dicirvos que Pipo fixo algunha que outra trasnada ca que nos rimos moito.








VISITA INESPERADA DUNS CANGREXOS




Sen contar con eles, viñeron a visitarnos uns cangrexos. Acompañáronnos un par de días e aprendemos algunhas cousas sobre eles; pero tamén hai que dicir que segundo apareceron, desapareceron....... Irían visitar a Angelita????????????

19 ene. 2011

DIA DA PAZ


O Próximo venres día 28 de xaneiro celebraremos na casa da cultura de salvaterra o día da paz.

Clica na imaxe e accede ao programa das actividades que realizaremos ese día.

Tamén podes ler o prograna clicando no apartado "proximos eventos" situado na barra superior do blog

11 ene. 2011

GAÑAMOS O PRIMEIRO PREMIO NO CONCURSO DE BELENES



Para todos aqueles que non puidestes ir a visitalo na exposición da casa da cultura, poderedes acceder, pinchando AQUI, a entrada deste mesmo blog onde xa anunciabamos a nosa participación, e onde ademais tedes fotos.