23 abr. 2011

SAIDA A TUI.



O pasado venres dia 15 de abril celebramos o final do trimestre cunha excursión.


Viaxamos en autobús ata Tui para visitar a galería de arte "Trisquel e Medulio" e un museo.




Na galeria de arte visitamos unha exposición do pintor Luis Vadillo, que pinta uns cuadros con detalles tan pequenos que hai que mirarlos cunha lupa. Alí tamén vimos outros cadros doutros pintores e mesmo esculturas.











As nosas mascotas de aula
(Sr. Coc e Pinocho) tamén nos acompañaron na excursión e estiveron moi atentas a todo o que nos explicaban.











No museo vimos una gran maqueta do pobo de Tui , esculturas e unha galeria de fotografias e imaxes adicadas ao camiño de Santiago.


No piso superior do museo puidemos facer as nosas propias obras de arte pintando con papel e pinturas de colores.





A media maña fixemos un descanso no parque, onde ademáis de divisar dende o mirador a paixase do pobo de Tui, do rio Miño e de Portugal. Tomamos unha merenda estupenda de pan con chocolate.



Tamén xogamos un pouco entre a herva e escoitamos as ras na charca do parque.






Pasámolo moi ben e aprendimos moitas cousas, a continuación tedes mais fotos na seguinte presentación.


19 abr. 2011

COMIDA NO COLE

HOLA!!!!
Esta vez os nenos de Oleiros vimosvos ensinar a festa que montamos no cole para celebrar as vacacions.

Quixemos facer unha gran comida entre todos na clase e para conseguilo fixemos o seguinte:

1º: pedimosllo a profe e dixonos que si.
2º: fixemos carteles para anuncialo nocorcho da escola.
3º: fixemos a nota para pedirlle o permiso as nosas familias.
4º: decidimos o menu e o que necesitamos para comer dentro da escola.
5º: encargamos a comida a PIZZA PLUS e a tenda de O COUTO e as profes.
6º: decidimos o dia: 13 de ABRIL

Todo listo, o chegar o dia colocamos as mesas na terraza a comida e listo. Deixamosvos cun video onde se nos ve como pasamos ese dia tan chulo.






Tamen celebramos a Pascua na escola, cando o xoves saimos o recreo encontramonos que os columpios, a horta e a herba estaban ocupados por uns pequenos ovos, O COELLO DE PASCUA visitara o noso patio, despois de moito buscar encontramos unha morea de ovos.¡QUE RICOS ESTAN!