Blog do Colexio Rural Agrupado A Lagoa, composto por 7 escolas: Arantei, A Vesada, Cabreira, Oleiros, Fornelos, Pesqueiras, Corzáns e con sede en Salvaterra de Miño, Rúa Rosalía de Castro 108 (Tlf.986659363)
24 nov 2012
XA SOMOS TOD@S MAIORES
20 nov 2012
BUSCA AS CABAZAS NAS TENDAS
O xogo rematou, grazas a todos os que colaborastes coa iniciativa, tivemos moitos comentarios dos nenos en nenas do cole, algúns dende as aulas e otros axudados polos papis.
Recordade, se queredes lelos a bruxiña vos dará o paso.
Tamén conseguimos moitas fotos, seguro que recoñecedes algún dos establecementos na seguinte presentación.
Recordade, se queredes lelos a bruxiña vos dará o paso.
Tamén conseguimos moitas fotos, seguro que recoñecedes algún dos establecementos na seguinte presentación.
16 nov 2012
XUNTANZA ARANTEI OLEIROS
A finais de outubro, os nenos e nenas de Oleiros e Arantei nos xuntamos para celebrar o Samaín.
Estivemos falando do Samain, e vimos as cabazas que estivemos facendo nas aulas, para tomar ideas e facer despois algunha entre todos.
Despois fixemos madalenas, pizzas e bailamos e merendamos. Un monton de cousas fixemos e tempo, case non tivemos.
Pero que nerviosos estabamos porque o mediodia estaba chegando e a BRUXA PATUXA se estaba achegando.
Acá queda un video con todo o que fixemos ese dia
15 nov 2012
14 nov 2012
SAMAÍN NA VESADA
Na Vesada tamén festexamos o Samaín....
Decoramos as nosas aulas...
Abrimos e decoramos cabazas...
e disfrazámonos de gatos para recibir á BRUXA PATUXA...
10 nov 2012
MAGOSTO 2012
O pasado venres dia 9 de novembro, tal e como estaba previsto, celebramos o magosto.
Dende as dez da mañá e ata as duas da tarde, no centro cultural de Leirado montamos unha boa festa.
Este ano tocoulles organizar ás aulas de Cabreira e Pesqueiras, que se implicaron moitísimo e as que damos as grazas.
Tamén fixemos o sorteo das aulas ás que lles tocará a organización no vindeiro ano, as agraciadas foron Fornelos e Corzáns.
Tanto os familiares acompañantes, como os cativos e cativas, e tamén os profes, desfrutamos duha mañá estupenda chea de risas, xogos, cancións e....comida, moita comida.
Ás tortillas, chourizos, e á gran variedade de doces caseiros, engadimos un bo puñado de castañas.... pero.... mais que escribilo, será mellor que o vexades, asi que velaquí tedes unha selección dos mellores momentos. Grazas de novo a todos os colaboradores e deica o ano que ven.
7 nov 2012
VISITA DA BRUXA PATUXA
Un ano mais a bruxa patuxa veunos visitar, pasou por tódalas escolas e deixou moitos regalos.
Algunhas aulas decidiron recibir a Patuxa xuntándose con outras escolas. Este foi o caso de Pesqueiras, que recibiu aos nenos e nenas de Cabreira; Corzáns, que foi de visita a Meder; e Oleiros, que pasaron o dia xunto cos nenos e nenas de Arantei.
A continuación tedes unha montaxe de video onde desfrutaredes dos mellores momentos acontecidos.
A continuación tedes unha montaxe de video onde desfrutaredes dos mellores momentos acontecidos.
6 nov 2012
BUSCA AS CABAZAS
Como ben sabedes, pola festa de samain, estivemos repartindo cabazas por tódolos establecementos de Salvaterra.
Agora queremos proporvos un XOGO moi divertido. ¿víchedes algunha cabaza?, ¿en qué tenda foi?, se e así.... ¿sabedes a que aula pertence?.
Veña animádevos a participar, é moi sinxelo, preme na imaxe da bruxa que está na barra lateral dereita do blog e accederás a unha páxina onde podedes escribir os vosos comentarios. Escribide onde víchedes algunha das nosas cabazas e cal é a que mais vos gustou.
Tamén podedes facerlles fotos e enviárnolas a seguinte dirección: ticsalagoa@gmail.com. Con todas elas faremos unha presentación para colgala no blog.
Animo!! esperamos as vosas respostas.
HOMENAXE NO DIA DO ENSINO
Por todo o que fixestes por nós, dende a aula de Pesqueiras queremos rendirvos unha homenaxe a tódolos mestres e mestras que pasáchedes pola nosa escola.
Grazas
2º PREMIO OUFF ESCOLA
Neste festival xa participamos no ano 2010 co video "o rap das normas", pero daquela non obtivemos premio.
Desta vez todo o traballo foi recoñecido e fomos agasallados co 2º premio.
A continuación tedes o video do momento da entrega de premios:
E Aqui saimos todos os premiados na foto de familia.
Na páxina de facebook do certame, busca a galeria de imaxes, onde tamén sairon algúns dos nosos nenos e nenas.
Na páxina da Xunta de Galicia saiu publicada a información de todo o acontecido neste dia.
Tamén os periódicos, nas súas edicións dixitais, fixéronse eco da noticia, pinchando no nome de cada un deles poderedes ler a noticia. EL CORREO GALLEGO, LA REGIÓN, e FARO DE VIGO.
Otras pàxinas web como:
Como vedes tivo moita repercusión e para nós foi todo un acontecemento, estamos moi contentos. Se queredes recordar a película só tedes que mirar o seguinte video:
3 nov 2012
O noso Samaín
2 nov 2012
A BRUXA MAIS DEPORTISTA
Este ano a nosa querida bruxa Patuxa viaxou ata Londres, estivo na celebración dos xogos oímpicos e pasouno fenomenal.
Como desfrutou tanto da experiencia, quere compartir con todos nos todo o que fixo e todo o que aprendeu, e proponos un reto.... que se queremos saber mais cousas sobre os xogos olímpicos.
Aceptamos o reto investigaremos, traballaremos e apenderemos moitas cousas sobre os xogos olímpicos e a final de curso expoñeremos os nosos traballos.
Grazas Bruxa por este vídeo tan divertido e por tódolos agasallos que nos fixestes este ano.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)