28 jun. 2012

FESTA DE FIN DE CURSO EN LIRA

E chegamos ao final do curso, todo pasou moi rápido e agora xa estamos na despedida. Grazas a todos por poñer da vosa parte para conseguir un ano mais, que fora un bo curso. 


Todo comenzou coas actuacións das aulas.



Tamén tivemos outros momentos divertidos como bailes conxuntos e obras de tearo. Os pais e nais da aula de Fornelos animáronse a actuar para todo o público alí presente e representaron unha obra de teatro, era unha adaptación do conto "o coelliño branco". 



E despois da merenda tivemos o momento mais emotivo do dia. As graduacións dos nenos e nenas de cinco anos.



A AMPA tamén repartiu agasallos para todos.



Despois de comer xogamos e participamos por grupos nas olimpiadas populares.



Un ano mais grazas pola vosa alegria e participación e que teñades un bo verán





21 jun. 2012

ORLAS VESADA

A continuación mostramos a orla da clase da profe Mónica:



e tamén a da profe Elena:


 Gústavos?

DESPEDÍMONOS DE PINOCHO

Chega o tempo das despedidas e na Vesada B dícímoslle adeus a Pinocho ata o curso que ven.



19 jun. 2012

POMPAS DE XABÓN XIGANTES

En Vesada pasámolo pipa coas pompas de xabón. Fixádevos ben porque son XIGANTES.




17 jun. 2012

Esta é a nosa escola........... PESQUEIRAS

Se queredes explorar o universo máxico desta aula só tedes que ver este video. Adiante.....!!!!


13 jun. 2012

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO

O martes 12 de xuño tivemos a excursión de fin de curso, este ano fomos ao zoo da madroa en Vigo e despois ao parque de bolas "camelot".

Todos desfrutamos moito de todo e a continuación vos deixamos unhas fotos para recordalo.



8 jun. 2012

Esta é a nosa escola......... A VESADA B

Os nenos e nenas da escola da Vesada B invitámosvos a que coñezades cómo é a nosa aula e que ben o pasamos con todo o que facemos no cole. Mirade e xa veredes como vos gusta......

6 jun. 2012

A IDADE MEDIA

Durante este curso, ademais do universo e os planetas tamén fixemos outro proxecto moi interesante.  O proxecto da IDADE MEDIA, no que aprendimos como vivia a xente naquela época.
De todo o traballado fixemos un libro conxunto entre tódalas aulas e este é o resultado, esperamos que vos guste.

4 jun. 2012

Esta é a nosa escola............ ARANTEI

Os nenos e nenas de Arantei queremos invitarvos a que vexades a nosa escola e todo o que temos aprendido ó longo do curso. Estade ben atentos que todo é moi importante.....


3 jun. 2012

XUNTANZA ESCOLAR INFANTIL. TERCEIRA EDICIÓN


Por terceiro ano consecutivo celebramos no parque da canuda a convivencia infantil entre as escolas do concello. 

Sen amedrentarnos coa chuvisca que caia a primeira hora da mañá comezamos una xornada divertidísima de xogos e actividades, algunas novas e outras xa clásicas e esperadas por tódolos participantes.

Novamente moitas grazas a tódolos colaboradores, pais, nais e familiares que axudastes tanto a que todo saira estupendamente.

A continuación unhas fotos para recordar moitos dos momentos vividos nesa mañá.