25 feb 2013

XUNTANZA PESQUEIRAS E OLEIROS

Hola amigos!

Desta vez queremos contarvos o BEN que o pasamos o venres pasado na xuntanza que fixemos os nenos de Oleiros cos de Pesqueiras. Estivemos agardando moito tempo pero por fin o conseguimos, despois de moitos correos e chamadas de teléfono organizamos o "PLAN PERFECTO" para convencer ás nosas mestras e ás nosas familias e xuntarnos en Oleiros para celebrar unha gran festa, chea de bailes, cancións, xogos e sobre todo moito cariño AAAHHH, esquecíame tamén nos visitou un paiaso moi especial o que todos queremos moito, recoñecédelo?



Quedamos tan encantados que vos propoñemos a todas as aulas que fagades o mesmo que nós, cantos mais amigos viaxeiros sexamos, moito mellor.

1 comentario:

  1. Pero que ben que o pasastes!! xa vexo que foi una xuntanza moi cariñosa e divertida. bicos e apertas para todos

    ResponderEliminar

¿DESEXAS ESCRIBIR UN COMENTARIO SOBRE ESTA ENTRADA? Adiante, escribe o que queiras a continuación pero....por favor, IDENTIFÍCATE. Grazas.