21 abr 2013

VIDEOCONFERENCIAS TEMÁTICAS. OS GOLFIÑOS


Este trimestre estamos a realizar videoconferencias temáticas cun parque zoolóxico de Tenerife, O "loro parque".

Son conexións que nos ensinan en directo como é a vida dos animais do parque. 

Este mes de abril participaron as aulas de Arantei e Pesqueiras, A vesada A e B e Cabreira e tamén as aulas de Corzán e Meder. 

E tivemos a oportunidade de conectamos co parque para coñecer mais cousas sobre os golfiños. 




Ademais, non só estabamos conectados os do noso cole,  tamén había outros colexios de educación infantil doutras partes de España.




Primeiro tivemos una conexión coa monitora, Maria, que nos explicaba as características mais destacadas dos golfiños e contestaba as nosas preguntas, e dúbidas. 



Tamén falamos a través do chat cun dos cuidadores e entrenadores e lle fixemos preguntas. 


Mirade o seguinte video de como entrena un golfiño para tocar a pelota.





Finalmente puidemos desfrutar dunha actuación, en directo,  dos golfiños nas piscinas cos seus monitores.



Alí nos mostraron un show espectacular que nos deixou coa boca abreta, con tódolos trucos, saltos que eran capaces de facer.





Grazas Loro parque por darnos esta oportunidade  e nos vemos novamente no mes de maio cos LOROS e as aulas de Fornelos e Oleiros.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

¿DESEXAS ESCRIBIR UN COMENTARIO SOBRE ESTA ENTRADA? Adiante, escribe o que queiras a continuación pero....por favor, IDENTIFÍCATE. Grazas.