26 may. 2013

AS ACTIVIDADES DA AMPA

Esta é una das moitas actividades propostas pola asociación de pais e nais da escola. Con este video queremos inaugurar unha nova sección do noso blog, a sección da AMPA, a través dela poderedes estar informados das súas propostas e actividades.


24 may. 2013

SYMBALOO CRA A LAGOA


SYMBALOO é unha ferramenta que nos permite ter  acceso e visualizar desde un panel principal aquelas aplicacións  ou páxinas web do noso interese.

Dende o grupo TICS do CRA creamos este Symbaloo que recolle algunhas ferramentas dixitais que cremos vos poden ser útiles para elaborar entradas no blog, presentacións fotográficas, etc, ou consultar páxinas web de contido educativo.

 Iremos engadindo algunhas máis polo que aceptamos as vosas suxerencias!

Agardamos que vos animedes a realizar  os vosos Symbaloo´s. Para calquera consulta non dubides en falar co equipo de TICS.

Un saúdo!


21 may. 2013

VIDEOCONFERENCIAS TEMÁTICAS. OS LOROS


Continuando coas videoconferencias temáticas, este mes nos conectamos co Loro Parque de Tenerife para coñecer e aprender como son os loros.




Desta vez foron as aulas de Fornelos Oleiros as que participaron na actividade. 







Primeiro estivemos moi atentos escoitando unha explicación por parte da monitora. 
Todo a través de diapositivas e fotografias.


Despois poidemos participar facendo preguntas, a través de chat, sobre as curiosidades que queríamos saber.




Tamén aprendimos moito coas preguntas que facian os outros centros escolares participantes na videoconferencia. 





Por último asistimos a un video show en directo, onde diferentes clases de loros, actuaban facendo toda clase de trucos como montar en camión de bombeiros, ou coller o número que lle pedia a sua coidadora.


 

12 may. 2013

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS 2013

O venres 10 de maio asistimos ao tradicional festival para celebrar o dia das letras galegas. Este ano adicado ao autor "Roberto Vidal Bolaño".

A continuación tedes un vídeo resumo de todo o acontecido.