26 jun. 2013

FESTA DE FN DE CURSO

   Parece que pasou moi rápido, pero xa estamos no final de curso. Temos que despedir un ano mais e como sempre quixémolo facer todos xuntos.
   Este ano comezou o dia un tanto gris i húmido, houbo que pasar ao plan B e trasladar a nosa tradicional festa á casa da cultura.
     Despois de uns pequenos problemas técnicos e grazas a axuda de todos comezou o espectáculo, primeiro coas actuación e os bailes dos cativos do cra. Mais tarde coas graduacións dos que se despiden para marxar ao cole dos maiores. E finalmente coa divertida e animada actuación do home orquestra na praza do concello.
     Aqui tedes algunhas fotos para recordalo.

Todo o claustro do CRA A Lagoa deséxavos que pasedes un bo veran. 

Deica setembro.

PARABENS NENOS E NENAS

23 jun. 2013

RANÍCULA Nº 11. A NOSA REVISTA ESCOLAR

  Aqui tedes a nosa publicación anual, con todo o acontecido nas escolas durante este curso 2012-2013. Esperamos que vos guste.

UNHA EXCURSIÓN DE PRIMEIRA

  Este ano fomos de excursión de fin de curso a Vigo. Visitamos o estadio de fútbol de Balaídos, onde xoga o equipo da cidade "o Celta de Vigo". Tamén vimos o seu museo cheo de historia e de trofeos.



   Completamos o percorrido deportivo coa visita a pista de atletísmo de Balaídos. Alí puidemos pisar o tartan onde se fan as competicions, fixemos carreiras, merendamos no graderio, e coñecimos alguns dos aparellos utilizados para realizar as distintas disciplinas.

Click to play this Smilebox slideshow



  Finalmente acabamos no tan esperado parque de bolas "camelot", onde xogamos, bailamos e nos pintamos a cara ata a hora de marchar de regreso a Salvaterra.

7 jun. 2013

XVI EDICIÓN VOZ NATURA. BUSCA ALTERNATIVAS

Promover o aforro enerxético e fomentar o uso das fontes renovables, foron os obxectivos destacados da 16ª edición de Voz Natura.
 

No noso cole, un ano mais, participamos neste proxecto. Este curso xa fomos oito aulas as participantes e pronto se sumará Cabreira, que xa foi aceptada para o vindeiro curso escolar.

A continuación tedes unha publicación que resume todo o que traballamos e aprendimos.

(se clicades por riba da imaxe se amplia o docuemento)

3 jun. 2013

UN MOUCHO EN FORNELOS

O pasado domingo 26 de maio, nos arredores do cole tivemos unha visita inesperada e moi especial. Como non tiñamos cole non todos puidemos gozar dela, por iso amosamos algunhas fotos do moucho para observar a súa grande beleza.


2 jun. 2013

FESTA DE FIN DE CURSO VOZ NATURA 2013

 ¿Foches a festa de voz natura e queres recordar os mellores momentos? 

 
¿Non puideches asistir e queres ver qué pasou?




Se clicas na imaxe accederas a tódala información, con fotos, videos do seu canal en youtube e moito mais.





 

IV CONVIVENCIA DAS ESCOLAS

Como xa  ven sendo costume o venres dia 31 de maio celebramos a convivencia entre as escolas no parque da canuda.


Todos preparados e moi ilusionados nos citamos as 10 da mañá para comezar una xornada de amizade e diversión.


Os xogos de sempre xuntáronse con outros nos que se participaba por primeira vez. E así, pais , nais, profes e alumnos desfrutamos moito dunha mañá chea de emocions.



A continuacion tedes un resumo de todo o acontecido,  
clicade en cada unha das imaxes e accederedes ao álbum de fotos.

XOGO 1: os xogos populares


XOGO 2: emerxencias



XOGO 3: hinchables



XOGO 4: as barcas


XOGO 5: zona de xogo




XOGO 6: pesca 
 


XOGO 7: taller de medallas


XOGO 8: educación vial.




OUTROS MOMENTOS DO DIA

 

 
Grazas a tódolos colaboradores e noraboa aos organizadores, un ano mais fixestes un gran traballo.