O TACTO
Este mes estamos a traballar nas sesións de Estimulación da Linguaxe os 5 sentidos:
O primeiro deles foi o sentido do tacto. Para iso a mascota do taller, "Leoncio, o Señor dos Sentidiños", trouxonos un montón de divertidas actividades:
Primeiro tocamos unha chea de cousas con distintos tactos: esponxa, velcro, algodón, lá, lixa, estropaxo, plástico con burbulliñas, etc.
As mans con texturas:
Tódolos nenos tocaron as mans con diferentes texturas: suave, rugoso, áspero, granulado, etc. Despois cun divertido antiface xogamos a buscar parellas de mans, a esquerda cun trianguliño ou un cadrado a dereita na parte inferior.
A bolsiña máxica do Sr. Leoncio :
Leoncio trouxo unha bolsiña cheíña de obxetos. Non podíamos mirar dentro o que había, tiñamos que adiviñalo apalpando!
As pegadas do Sr. Leoncio:
Para o seguinte xogo tivemos que quitar os zapatos e paseniño paseniño seguilas pegadas que o Señor dos Sentidiños foi deixando para chegar ata el!!
As fichas dos números e as vogais en Braille: lendo coas mans!
O Sr. Leoncio tamén nos ensinou que algunhas persoas que non ven ben por ter unha discapacidade visual poden ter que aprenden a ler, e tamén a escribir, co tacto mediante un sistema chamado Braille. Tiñamos que "ler" coas mans unhas sinxelas fichas feitas con puntiños en relevo.
Aquí tedes unha presentación para que vexades o ben que o pasamos:
tacto cra -
Movie Maker
Nos próximos días o Sr. Leoncio seguirá a ensinarvos os outros 4 sentidos: olfato, gusto,vista e oído.
Ata pronto!!