9 jun 2014

EXCURSIÓN FIN DE CURSO:APIPOLIS



Este luns día 2 de xuño tivo lugar a excursión de fin de curso. Dacordo ó proxecto que levamos a cabo durante  todo o ano o lugar escollido xirou en torno ó mundo das abellas: Apípolis.




Apipolis é un centro sito na localidade  pontevedresa de San Andrés de Xeve  adicado ó coñecemento das abellas vencellado ó ser humano. 

 Conta cunhas amplas instalacións, tanto ó aire libre coma diversas exposicións, e numerosas actividades que teñen como obxectivo que os nenos coñezan dun xeito lúdico, práctico e didáctico máis cousas sobre a contorna natural das abellas e  os produtos derivados.



Durante toda a visita a Apípolis fixemos varios obradoiros que lles encantaron non só ós nosos alumnos do CRA senón ós mestres!

Primeiramente nos recibiron moi amablemente os monitores e nos foron explicando as diferentes actividades que realizaríamos divididos en catro grupos, candanseu cun brazalete dunha cor para que non nos despistaramos!!!



Visita   ó Apiario:





Coñecimos máis sobre como as abellas fabrican a mel e os productos derivados:







A seguinte actividade foi un conto sobre as abellas:




Elaboración de galletas de mel:



Xa están listas!!



Tamén fixemos un descansiñó a media mañá para merendar no que nos acompañou a mascota da escola da Vesada: O Sr. Coc Apicultor!!



Antes de irmos foi o momento de comer baixo a sombra dun enorme carballo. Velaquí tedes as fotos de cada unha das escolas do CRA:











Non queremos rematar esta entrada sen agradecer de parte de todo o profesorado do CRA A Lagoa a amabilidade e adicación de todo o persoal de Apípolis que fixo desta, unha excursión inesquecible.


Ata pronto!!






No hay comentarios:

Publicar un comentario

¿DESEXAS ESCRIBIR UN COMENTARIO SOBRE ESTA ENTRADA? Adiante, escribe o que queiras a continuación pero....por favor, IDENTIFÍCATE. Grazas.