29 may. 2014

O Sr. Leoncio e os 5 sentidos

O TACTO

Este mes estamos a traballar nas sesións de Estimulación da Linguaxe os 5 sentidos:




O primeiro deles  foi o sentido do tacto. Para iso  a mascota do taller, "Leoncio, o Señor dos Sentidiños", trouxonos un montón de divertidas actividades:

                                         
Primeiro tocamos unha chea de cousas con distintos tactos: esponxa, velcro, algodón, lá, lixa, estropaxo, plástico con burbulliñas, etc.



 As mans con texturas:

Tódolos nenos tocaron as mans con diferentes texturas: suave, rugoso, áspero, granulado, etc. Despois cun divertido antiface  xogamos a buscar parellas de mans, a esquerda cun trianguliño  ou un cadrado a dereita na parte inferior.

                                                 


A bolsiña máxica do Sr. Leoncio  : 

Leoncio trouxo unha bolsiña cheíña de obxetos. Non  podíamos mirar dentro o que había, tiñamos que adiviñalo apalpando!


As pegadas do Sr. Leoncio:

Para o seguinte xogo tivemos que quitar os zapatos  e paseniño paseniño seguilas pegadas que  o Señor dos Sentidiños foi deixando para chegar ata el!!

                         
 As fichas  dos números e as vogais en Braille: lendo coas mans!

O Sr. Leoncio tamén nos ensinou que algunhas persoas que non ven  ben por ter unha discapacidade visual  poden ter que aprenden a ler, e tamén a escribir,  co tacto mediante un sistema chamado Braille. Tiñamos que "ler" coas  mans unhas sinxelas fichas feitas con puntiños en relevo.

                    
                 

Aquí tedes unha presentación para que vexades o ben que o pasamos:


tacto cra - Movie Maker

Nos próximos días o Sr. Leoncio seguirá a ensinarvos os outros 4 sentidos: olfato, gusto,vista e oído.

Ata pronto!!




2 may. 2014

Aí vai unha canción que está a gustar moito no noso cole. Chámase "Miña Abuela Manuela" e pertence ó libro-cd "Pan de Millo", que é o último traballo dos magníficos Migallas Teatro.
Disfrutádea!!!!