24 nov. 2014

BLOGUE DA TEACHER

A teacher Deli ten un blogue de infantil onde colga distintos materiais da aula de inglés, enlaces a xogos e recursos e actividades realizadas polos seus kids. Se queredes visitalo so tedes que premer na imaxe.

http://eulovekids.blogspot.com.es/

19 nov. 2014

E DESPOIS DA VENDIMA...

En pesqueiras estamos aprendendo moitas cousas sobre a vendima e o seu proceso de converter as uvas en viño. 
Esta vez tocou a augardente, unha vez mais saimos da aula para ter unha experiencia en vivo e en directo do proceso de fabricación da augardente.
Moitas grazas a tódolos colaboradores e axudantes que fixestes posible este día.


9 nov. 2014

MAGOSTO 2014

O pasado venres día 7 de novembro tivemos o tradicional magosto escolar. 

Coma sempre é importante dar as grazas a tódolos colaboradores e colaboradoras que fixeron posible una bonita xornada de convivencia. sen vos no houbera sido posible.

Tódalas fotos:



Non te perdas o video dos xogos do magosto.


 

3 nov. 2014

A BRUXA PATUXA VISITOU AS NOSAS ESCOLAS


Como cada ano celebramos o Samaín no cra a Lagoa coa visita da bruxa Patuxa.



Este curso se fixeron tres convivencias e xuntáronse as aulas para a festa.


Oleiros recibiu a Arantei e Corzáns, os nenos e nenas de pesqueiras visitaron Fornelos, e na aula de Cabreira estiveron os alumnos e alumanas de Vesada.




Foi una xornada moi divertida e chea de sorpresasa monstruosas.



De todo o acontecido tedes un vídeo a continuación.