17 dic. 2014

BO NADAL

Este ano os nenos e nenas do CRA A Lagoa falan sobre o Nadal e felicitan a todos as festas con este vídeo.


BO NADAL !!!       E        FELIZ ANO NOVO 2015


VISITA DO APALPADOR

O pasado luns día 15 de decembro tivemos a visita do apalpador nas aulas.

¿Coñecedes a historia do apalpador? podédela ver a través deste video-conto que fixeron os alumnos e alumnas do CEIP Nosa Sra de Xuvencos.



A continuación podedes desfrutar desta presentación de fotos que resume todo o acontecido ese día. 





Grazas Anxo Moure, unha aperta moi forte de todos nos.


12 dic. 2014

DECORANDO A ÁRBORE DE NADAL

Os nenos e nenas de Pesqueiras fomos hoxe a decorar a árbore de Nadal a casa da Cultura cos adornos fabricados por nos mesmos, algúns deles de reciclaxe. 

Unha vez mais grazas aos colaboradores e colaboradoras, sen vos non sería posible.

10 dic. 2014

PRANTANDO NABICOL NA HORTA

O venres en Pesqueiras tocounos prantar nabicol, a nai de Javi (Emma) e mais o pai de Roberto (José Luis) viñéronnos axudar. 
Primeiro fixemos cada un de nos un buratiño co sacho, despois metimos unha rama de nabicol nel e finalmente, tapámolo coa terra e mais un pouquiño de esterco.
Velaquí tendes a proba do noso traballo.



7 dic. 2014

OS REIS EN BICICLETA

Ola papis, mamis e familia dos nosos peques. Este ano, como todos, cantaremos unha panxoliña para os nenos. Nesta ocasión será "Os reis en bicicleta" do grupo musical infantil Mamá Cabra. Aí vai un vídeo e a ver se vos gusta tanto como a min!!!