4 nov 2015

SAMAÍN E A BRUXA MARUXA



Un ano máis polo Samaín os nenos do Cra xúntanse en diferentes aulas para recibir a visita dunha bruxa moi especial; nesta ocasión os nenos de Fornelos recibiron os de Cabreira, os de A Vesada  estiveron acompañados dos de Pesqueiras e Oleiros e os de Arantei  foron visitados polos de Corzáns.

Este ano a nosa querida  Bruxa Patuxa decidiu collerse unhas vacacións, porque estaba agotada de tanto traballar, pero enviounos a súa prima Maruxa, a BRUXA MARUXA que tamén é moi despistada e tivemos que axudala a recuperar o seu zapato;  ademáis contounos un montón de cousas interesantes sobre as nosas árbores , dos seus frutos e froitas; fixemos un conxuro, bailamos, cantamos e coma sempre, deixounos moitos agasallos.
En definitiva, foi un día moi divertido cheo de sorpresas!!! Mirade qué ben o pasamos!!
Aquí tendes as fotos e o vídeo da visita da Maruxa, disfrutádeo!!





1 comentario:

  1. ola a todos,
    paseime un intre por este blog e atopeime coa querida festa do samain. Esta nova bruxa Maruxa é fantática, por aqui onde eu vivo agora non temos bruxas como esas, penso moito e todos. Unha aperta

    ResponderEliminar

¿DESEXAS ESCRIBIR UN COMENTARIO SOBRE ESTA ENTRADA? Adiante, escribe o que queiras a continuación pero....por favor, IDENTIFÍCATE. Grazas.