Primeiro desfrutamos coa obra de títeres "as aventuras de don allo" que como xa é tradicional dende fai anos estivo representada polos mestres e mestras do cra.
Despois foi o turno dos cativos e cativas das aulas, que xunto coas súas mestras nos interpretaron divertidas cancións, panxoliñas e moito máis.
- ARANTEI E CABREIRA. DANCE FELIZ NAVIDAD
- CORZÁNS E PESQUEIRAS. FROSTY
- A VESADA. EL BURRITO SABANERO
- OLEIROS. REMIX NAVIDEÑO PITUFOS
- FORNELOS. RECUERDOS NAVIDEÑOS.
Mesmo cantamos en inglés, coa axuda da mestra Deli subimos todos ao escenario para interpretar a panxoliña "jingle bells".
Tres reis en bicicleta foi a panxoliña que este ano cantaron os adultos. Pais, nais, avos ... todos subiron a dar o seu "do de peito", grazas de novo pola vosa colaboración.
Para acabar, e despois do descanso e a merernda con rosca (patrocinada polas asociacións de comerciantes "unes" e "aces") tivemos a esperada visita das SSMM os reis magos de Oriente.
Foi unha mañá chea de emocións e diversión. Dende o CRA A Lagoa queremos desexarvos un bo nadal a todos, e un feliz ano novo 2015.