O pasado 18 de Decembro celebramos o FESTIVAL
DE NADAL na Casa da Cultura de Salvaterra.
Primeiro encargámonos dos preparativos para que
todo saíra o mellor posible e fora un día moi especial fundamentalmente para os
nen@s.
A continuación comezamos coma todos os anos cunha obra de
teatro moi divertida e nesta ocasión foron unhas nais de Cabreira as encargadas
de interpretar “A galiña e o xove conde”.Grazas por facérnolo pasar tan ben!!
Despois os nen@s do Cra fixeron as súas actuacións
estelares; mirade qué artistas temos!
ARANTEI E CORZÁNS:
ES NAVIDAD
OLEIROS E PESQUEIRAS:
EN NAVIDAD
FORNELOS:
LOS REYES MAGOS
CABREIRA E A VESADA:
VOLVER A CASA POR NAVIDAD
Logo fixéronse as actuacións conxuntas:
A de inglés: I´M THE HAPPIEST CHRISTMAS TREE
E a dos país, nais, avós, irmáns,etc: SEÑORA IAMA DA CASA
Pero tamén houbo tempo para almorzar unha rica
rosca e turróns, grazas as asociacións de comerciantes “unes” e “aces” e así os
nosos peques colleron forzas para o tan ansiado momento da visita das SSMM os
Reis Magos de Oriente.
Grazas a todos pola vosa participación.
Agardamos que o pasarades ben.
BO NADAL
e FELIZ ANO NOVO!!