16 may. 2017

LETRAS GALEGAS 2017


 No centro cultural Jose Ángel Valente na rúa do Paseo de Ourense podedes atopar unha fermosa exposición titulada "Os mundos de Carlos Casares" que ben paga a pena ser vista para coñecer un pouco máis ó autor homenaxeado este ano polo día das letras galegas. 
Aquí vos deixamos unha pequena mostra deste fermoso proxecto.




28 abr. 2017

EXCURSIÓN A VIGO

O pasado luns 24 de abril fomos de excursión a Vigo para ir o museo Abanca e ver o espectáculo de Gatuxo en directo.
Aprendimos un montón de cousas novas e pasámolo en grande, aquí vos deixamos coma sempre unha pequena mostra do acontecido ese día.






10 abr. 2017

Celebración día da árbore 2017

O pasado martes 4 de Abril, celebramos no parque da Canuda o día da árbore.

Co espectáculo e as actividades de Barafunda comenzamos a festa:


Logo dun rico e fresco almorzo de froita comezamos os xogos:



E como non podía ser de outro xeito, e xa que o tempo acompañaba, prantamos unhas cantas árbores para festexar o día da árbore:


Coma sempre grazas a todos por colaborar con nós e ata a próxima.


26 feb. 2017

ENTROIDO 2017

Como todos os anos, o pasado venres 24 de Febreiro, no CRA A Lagoa celebramos o tan desexado Entroido que comezou na praza do Concello onde nos xuntamos cos outros colexios para despois percorrer as rúas de Salvaterra de Miño e rematar no fermoso parque da Canuda cunha gran festa na que queimamos o meco, limos o manifesto, merendamos,actuamos, xogamos e trouleamos sen parar. Nesta ocasión,xa que andamos a traballar a Prehistoria nas aulas, o noso disfraz non podía ser outro que o de troglodita e a nosa actuación tamén tivo a mesma temática. Pasámolo fenomenal e ata tivemos a sorte de ter un fermoso día de sol. Aquí vos deixamos unha mostra do ben que o pasou a nosa tribu dos trogloditas da lagoa na celebración do Entroido e coma sempre: GRAZAS A TODOS POLA VOSA PARTICIPACIÓN E COLABORACIÓN.

17 feb. 2017

Día de Rosalía de Castro

O vindeiro VENRES 24 de Febreiro celebrase o día de Rosalía de Castro e nas nosas aulas faranse diferentes actividades para festexar este día tan especial. Os nenos e nenas do Cra traballarán coa canción de Uxía chamada ROSALÍA PEQUENIÑA. Aquí vola deixamos para que vaiades practicando.

24 ene. 2017

Día da Paz

Por estas datas no Cra a Lagoa estamos a celebrar nas aulas o día da Paz. Aquí vos deixamos un fermoso conto para que nunca nos esquezamos da importancia desta celebración e de recordala todos os días do ano. Tamén podedes ver algunhas das actividades que están facendo os nenos. A VESADA
CORZÁNS
En OLEIROS tamén fixeron varias actividades: Pombas, corazóns, cancións, bailes,etc.
FORNELOS
ARANTEI