3 nov. 2017

CELEBRACIÓN SAMAGOSTÍN

O pasado 31 de Outubro, celebramos no centro cultural de Leirado o SAMAGOSTÍN.Coma outros anos, xuntámonos tódalas aulas do CRA A LAGOA para festexar o SAMAÍN, xunto coa xa famosa bruxa CATUXA e tamén o MAGOSTO, comendo castañas e almorzando un riquísimo chocolate, froita e bollos grazas a colaboración da nosa ANPA.
A festa, como non podía ser de outro xeito, comezou cun conxuro convocando a nosa querida bruxa Catuxa que coma sempre, viña algo despistada e se non chega a ser polos nen@s non atopa o seu preciado zapato "con suela de goma, cintas e lazos"; con ela cantamos, rimos e levamos algún que outro pequeno sustiño.
Despois chegou o turno para Luis Vallecillo e a sua actuación "Cantoche un conto?" quen coa axuda dunha guitarra fixo mover a todo o mundo antes da merenda.
A continuación fixemos un montón de xogos divertidos:Aros balóns, transporte de castanas, rás, carreira de carretillas e paracaídas.
Finalmente,xa coa chegada dos pais, cantamos as cancións do magosto e o samaín, e coma colofón final probamos o riquísimo chocolate e as castañas que con moito cariño nos fixo a ANPA.
Aquí vos deixamos unha mostra do ben que o pasamos ese día e coma sempre, todos nós queremos darvos as grazas pola vosa colaboración e participación.