AS NOSAS ESCOLAS



O CRA A Lagoa, é un centro de educación infantil constituido como centro Rural agrupado dende hai 14 anos. Está formado por sete escolas unitarias (8 aulas) repartidas por todo o concello de salvaterra. 

Fai uns anos fixemos un proxecto tic no que se elaboraron uns vídeos para presentalas a toda a comunidade, o resultado foi o seguinte:

AULA DA VESADA: Situada dentro da parroquia de Alxen, a medio camiño entre a vila de Salceda de Caselas e Salvaterra.  

clica AQUI e accede ao noso canal de youtube para visitar a aula.

AULA DE ARANTEI: Pola estrada camiño de Guillarei atopamos San Pedro de Arantei, onde no mes de xullo celébrase na área recreativa do Manteiro, un festival folclórico, dende o ano 1996, ao que acoden grupos internacionais. 

clica AQUI e accede ao noso canal de youtube para visitar a aula.

AULA DE CABREIRA: No límite co concello de Salceda de Caselas está situada esta aula, pertence a parroquia de San Miguel de Cabreira e podemos atopala moi preto da igrexa adicada a San Miguel, que data de 1710. 

clica AQUI e accede ao noso canal de youtube para visitar a aula.

AULA DE CORZÁNS:  Na estrada entre Salvaterra e Leirado está a parroquia de San Miguel de Corzáns, e unha das parroquias mais antigas e importantes do concello. A aula podemos atopala ao lado da capela do Carme, na explanada do centro da cultura. 

clica AQUI e accede ao noso canal de youtube para visitar a aula.

AULA DE FORNELOS: A aula mais preto de Ponteareas, é unha das parroquias mais habitadas do municipio, está situada na subida cara a igrexa de San Xoan, ao lado do centro cultural e conta con dúas aulas.

clica AQUI e accede ao noso canal de youtube para visitar a aula.

AULA DE OLEIROS: Situada na estrada cara As Neves, é a aula que está máis preto da vila de Salvaterra. O territorio de Oleiros discorre paralelo ao río miño, o que favoreceu o asentamento da poboación. Destaca a capela de Santa Marina, curiosa pola súa pranta central en formto cuadrangular. 

clica AQUI e accede ao noso canal de youtube para visitar a aula.

AULA DE PESQUEIRAS: Atopámola a medio camiño entre Fornelos e Salvaterra pola estrada que vai a Ponteareas. No monte Castelo encóntrase enclavada a ermida da Asunción, e dende alí podemos disfrutar de fermosas vistas do val do Tea. 

clica AQUI e accede ao noso canal de youtube para visitar a aula.