Salvaterra de Miño é un concello da Provincia de Pontevedra en Galicia que pertence á Comarca do Condado.
Fai fronteira con Portugal ó que se chega cruzando a ponte construída sobre o río Miño.
Ten unha extensión de 70 km2 espallados en 17 parroquias,e limita cos concellos de Ponteareas, As Neves e Salceda de Caselas.
Dende o punto de vista socioeconómico, a súa densidade de poboación atópase ao redor dos case dez mil habitantes, e está considerado dentro do contexto de Rexión Urbano de Vigo, que é a poboación que proporciona maior número de ofertas laborais non agrarias ós seus veciños.
Caracterizado por un clima húmido con gradación mediterránea, este concello ten unha clara tradición hortícola e vinícola.
Os espléndidos viñedos de albariño e viño do condado mímanse para conseguir algúns dos caldos de mais prestixio en Galicia.
Acadando cada ano máis importancia a “Festa do viño do Condado”.
Unha das construcións que mellor definen esta vila , situada na fronteira con Portugal, é o castelo medieval situado ao pé do Río Miño, tamén coñecido como Castelo de Dona Urraca. (clica aqui se queres ver a súa imaxe en 3D)
Construido sobre unha atalaia e no mesmo centro do pobo, as súas orixes remontanse aos séculos X e XI. Ocupa unha superficie de 9.700 metros cadrados conformados polo recinto amurallado coas súas garitas, a Casa do Conde, o Pazo de Dona Urraca e a Capela da Virxe da Oliva.
Do século XII consérvanse as chamadas Covas de Dona Urraca, coa súa escaleira de caracol.