PROXECTA: O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR

Aqui vos iremos contando todas as nosas aventuras subidos "ó barco de Mon" que nos levará polos mares e océanos para coñecer os sabores que ali se encontran e un montón de aventuras máis.


TRAILER: O BARCO DE MON




 Comezamos a aventura e para presentarnos fixemos este trailer cos nenos e nenas que participamos e máis os nosos profes. Estivemos xa vendo moitas cousas na pantalla: material do proxecto, peixes novos, algas...Tamén leímos os libros da aventura e xogamos a pescar. Queremos seguir aprendendo!!!!!


MANOLA



 



 Boas a todos||||| A ritmo de "Manola" a canción de María Fumaça estivemos a traballar os diferentes tipos de peixes que salen na canción e aproveitamos para aprender outros novos.Aquí podedes vernos en pleno traballo. Esperamos que vos guste.



MY FAVOURITE FISH


Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This picture slideshow made with Smilebox
Como vedes tamén andamos a coñecer os peixes e os seus beneficios en inglés, para comezar fixemos un xogo sobre os nosos gustos traballando algúns peixes en inglés e as expresións Do you like....? Yes, I like / No, I don´t like/ What´s your favourite fish? Agora andamos a preparar un xogo de pesca en inglés que nos levaremos para casa e tamén un conto pero xa volo ensinaremos máis adiante. See you soon!!



PELÍCULA: DO MAR AO PRATO


 Na seguinte actividade traballamos cos nenos o proceso dende o momento da pesca ata que ese peixe chega o prato. Mirade que simpáticos están aquí os nenos a ritmo de "Catro vellos Mariñeiros" e "Un peixe moi divertido". Pasámolo fenomenal!!!.

 



O RECANTO DA AVENTURA


Nesta actividade os nenos da Vesada amosan o seu novo rincón do Sabor da Aventura está no Mar. Despois pasaron un bo rato xogando e aprendendo co peirao virtual. Que diver!!!!







FISHING GAME


We are back again!!
Como xa vos comentamos, estivemos elaborando un xogo de pesca en inglés para poder xogar no cole e tamén na casa xa que cada un temos o noso e levámolo para casa despois de ter ben aprendidiños os nomes dos peixes IN ENGLISH!!
Pasámolo moi ben e grazas a monkey foi máis doado porque sempre nos axuda un pouco, mirade, mirade que ben nos quedou!




OBRADOIRO


Ola a todos!!! Tendes aquí a visita dos rapaces que  levan a cabo o Obradoiro do Sabor da Aventura está no mar. Ademáis aproveitamos para elaborar pizzas que papamos de merenda e para recibir a visita de Cristina a peixeira ambulante. Mirade o ben que o pasamos!!!





OUR SEA BOOK


Hi again! Como o prometido é deuda, aquí vos deixamos o noso libro sobre o mar, no que non só aprendimos os nomes de certos peixes sino que tamén debuxamos algúns, identificamos as súas diferentes partes , coñecimos os seus beneficios,....e todo "IN ENGLISH" Agardamos que vos guste, nós pasámolo pipa e aprendimos moitas cousas novas facendo OUR SEA BOOK!!


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

¿DESEXAS ESCRIBIR UN COMENTARIO SOBRE ESTA ENTRADA? Adiante, escribe o que queiras a continuación pero....por favor, IDENTIFÍCATE. Grazas.